martes, 22 de mayo de 2012

Mañá temos que parar un desafiuzamento

O vindeiro mércores día 23 de maio ás 11 horas vai producirse un desafiuzamento dunha muller (Yolanda G. F., sen ingresos e co Risga concedido sen cobrar aínda e como único ingreso a pensión de manutención do fillo) e o seu fillo de catro anos, que está escolarizado polos servizos sociais do Concello de Ferrol, será na Rúa Soto nº 1-3

Se trata de evitar o desafiuzamento e Solicitar a palización do mesmo por parte do Xulgado para que a súa nova avogada Yolanda Díaz, teña tempo de ver o expediente e poder exercitar a súa defensa.

En todo caso, DEMANDAMOS do Alcalde de Ferrol e da Concelleira de Benestar Social do Concello de Ferrol que actúen como mediadores impedindo o lanzamento da citada veciña de Esteiro de do seu fillo e, en todo caso buscando unha solución alternativa que impida que un neno e a súa nai queden na rúa.

LEMBRAMOS que o Pleno do Concello de Ferrol acordou a constitución dunha mesa de desafiuzamentos que permita que o Concello de Ferrol medie entre as partes para buscar unha solución con garantías para todos.

Desde a Asociación Veciñal de Esteiro non entramos a facer ningún tipo de valoración de carácter moral ou legal, pero o que si entramos é en defender que se busque unha solución para que unha muller e o seu fillo de catro anos, e en pleno curso escolar, non fiquen na rúa a partir do mércores día 23 de maio e faremos canto poidamos para evitalo.

Remitido por:
Xunta Directiva da AV de Esteiro

viernes, 11 de mayo de 2012

Mañá #12M nos Indignamos

12 de maio, a cidadanía sairá á rúa para reclamar un sistema xusto onde todas e todos poidamos ser parte da toma de decisións políticas, económicas e sociais. Baixo a escusa da crise, a pouca soberanía que tiñamos, estase a ver sacrificada en aras do poder económico. O 12M nos mobilizamos polos dereitos e liberdades, contra o recortes, e porque nós non creamos a crise e non pensamos seguir pagando-a. Non nos vamos resignar! E por todo isto, reclamamos:

Democracia directa, participación e asemblearia. Que os nosos dereitos vaian a máis, nunca a menos.
Nin un euro público máis para a banca. Auditoría cidadá da débeda pública.
Educación, sanidade e servizos sociais públicos, gratuítos de calidade e laicos. Non aos recortes no gasto público e á privatización destes servizos.
Reparto do traballo, salario digno e retirada da reformas laborais.
Dereito á vivenda digna, dación en pago retroactiva, parque público de vivendas en alugueiro social.
Reforma fiscal que redistribúa a riqueza que producimos entre todas. Que as necesidades básicas estean garantidas de xeito universal.
Estas son só parte das nosas esixencias, e este 12M, CONVIDAMOS-VOS A PARTICIPAR coas vosas, na PRAZA DE ARMAS EN FERROL, nunha XORNADA GLOBAL de xustiza social, onde todos os colectivos e persoas esteamos xuntas na rúa.

12M FEIRA DE COLECTIVOS

Trata-se dunha xornada na que dende las 12:00h. e ata a hora que queiramos, cun xantar popular polo medio de 14:00h. ás 16:00h, dedicaremos-nos a mostrarlle a todos aqueles que aínda o descoñecen, as alternativas que temos ao fracasado sistema no que vivimos, e consistirá nunha serie de POSTOS INFORMATIVOS MONTADOS POLOS DISTINTOS COLECTIVOS ou a nosa colaboración, e especializados cada un nun tema, que informarán das distintas maneiras, xa existentes, para participar na construción dunha sociedade xusta e solidaria. Tratase de atraer a atención da xente nos tema das mesas e crear grupos de debate temáticos, tratando de implicar a xente activamente, traballar as accións concretas e proporcionar os recursos para levalas adiante.

12M MOBILIZACIÓN

Ás 18.00h., comezará a MOBILIZACIÓN na Praza de Armas, e no remate da mesma, haberá unha asemblea a micro aberto. Se anunciarán as asembleas temáticas situadas nas mesas e se explicará a problemática e as alternativas que se presentan.

Algúns dos temas propostos para participar en toda a xornada xiran entorno a: desemprego, educación, sanidade, inmigración, feminismo, medio ambiente, sostenibilidade, medios de comunicación e software libre, desenvolvemento da cultura e lingua galega, economía e política, agricultura e soberanía alimentaria, participación cidadá, e outros temas e accións dos moitos que todos vos estades a levar adiante e seguro que queredes plantexar.

Proporemos a realización de actividades como teatro social, pasarruas, música en vivo ou monólogos e se queredes sumar-vos, convidaremos-vos dende a asemblea a continuar cunha agradable velada na praza.

Facemos un chamamento xeral a tódolos colectivos interesados en participar e agradeceriamos que acheguedes unha confirmación COAS VOSAS POSIBILIDADES OU DESEXOS DE PARTICIPACIÓN ata o xoves desta semana, sen pechar que vos acheguedes alí mesmo, no 12M, en calquera momento do dia.

MESAS REDONDAS 13M, 14M E 15M.

Tamén vos animamos a participar nas mesas redondas que temos organizado para os dias 13, 14 e 15 de maio as 18 horas na Praza de Armas nas que se trataran os seguintes temas:

  • 13M “Recortes dos dereitos laborais e civís, e democracia participativa”
  • 14M “Recortes sociais, sanidade, educación, feminismo, emigración.”
  • 15M “Sostenibilidade e alternativas ao desenrolo”
SAE A RÚA FAITE OÍR XUNT@S PODEMOS!!!!!!

jueves, 5 de abril de 2012

S.O.S NOVO DESAFIUZAMENTO, NOVO ABUSO, NOVA REPRESALIA EN FERROL

A Comisión de apoio aos traballadores do Café-Bar “O Carballo”, convoca:

MARTES, 10 DE ABRIL, ÁS 12:00 h.
Concentración diante da oficina central do BBVA, (Praza do Callao (Ferrol)

O BBVA DESTRÚE POSTOS DE TRABALLO

NOVO DESAFIUZAMENTO, NOVO ABUSO, NOVA REPRESALIA

O BBVA decidiu desafiuzar ós traballadores do Café Bar O CARBALLO, pese a establecer un acordo verbal con eles, polo que se lles adxudicaba o local por un importe establecido. Agora vólvense atrás e pretenden quedarse co establecemento, no que traballan catro persoas.

Tras manter conversacións con directivos da entidade bancaria (BBVA), éstos aconsellan que un empregado, Pedro Bastida, solicite un crédito. Despois de hipotecar a súa vivenda consegue os recursos necesarios para liberar o local. En lugar de recibir a adxudicación, recibe a notificación do xulgado onde lle anuncian que o Café Bar O CARBALLO, ten que ser desaloxado antes do mércores, 11 de abril.

¿Por que actúa así a entidade bancaria?, ¿Por que se ignora o anuncio do goberno no que se plantexa a necesidade dun código de boas prácticas bancarias?, ¿Que prácticas?
O anterior propietario era Bernardo Bastida Sixto, o expatrón maior da confraría de pescadores de Ferrol. Moitas son as persoas que, especialmente o colectivo de mariscadores, saben do seu esforzo por defender, recupera-la ría e por integrar a un gran número de mozos e mozas á vida social, en Ferrol Terra. Contra Bastida, desenvolveuse unha campaña de desprestixio co obxectivo de decapitar a Confraría e aos traballadores do mar. Incluso se lle someteu a xuízo xunto a outros compañeiros.

A persecución á que foi sometido Bastida, queda de manifesto cando, tras varios anos acusado de apropiación de fondos, agora sabemos, por decisión do fiscal e do xuíz, que se arquivan aquelas actuacións ¡É inocente daquela acusación!
Unha decisión política na que participaron a Xunta de Galicia e Reganosa, para perseguir a Bastida ate a extenuación. A eles se lles suma agora o BBVA, pretendendo que caiga sobre a súa familia o peso da súa rébancha. Lles importa un pimento a destrución de catro postos de traballo. É difícil de entender que non se admita pagar a quen o desexe, tendo medios para facelo.

Coa situación actual da Comarca, que posúe un nivel tan alto de desemprego, non nos podemos permitir a desaparición de catro postos de traballo. Máis, tendo en conta que hai vontade de negociación e de pagamento da débeda.

Por esa razón, decidimos emprender unha campaña de solidariedade con Bastida e os catro traballadores do Café Bar O Carballo e denunciar esta represalia contra eles.

MARTES, 10 DE ABRIL, ÁS 12:00 h.
Concentración diante da oficina central do BBVA, (Praza do Callao - Ferrol)

¡¡ ACODE E DIFUNDE!!

Convoca: Comisión de apoio aos traballadores do Café-Bar “O Carballo”

lunes, 26 de marzo de 2012

Asemblea Cidadá

A "Rede de Converxencia Social - Praza Pública", súmase á Asemblea Cidadá, que terá lugar mañá, martes 27 de marzo ás 19:30 horas, na Praza de España, en rexeitamento ao desmantelamento dos órganos municipais de representación cidadá por parte do Goberno local do PP

ACUDE E DIFUNDE!!

Asemblea Cidadá

A "Rede de Converxencia Social - Praza Pública", súmase á Asemblea Cidadá, que terá lugar mañá, martes 27 de marzo ás 19:30 horas, na Praza de España, en rexeitamento ao desmantelamento dos órganos municipais de representación cidadá por parte do Goberno local do PP

ACUDE E DIFUNDE!!

miércoles, 21 de marzo de 2012

25 DE MARZO: ACCIÓN POR UNHA BANCA PÚBLICA

A Plataforma polo Aforro Público convoca unha xornada de acción e reivindicación dunha Banca Pública galega o vindeiro domingo 25 de marzo.
A acción será a nivel galego e haberá actos en Vigo, A Coruña, Pontevedra, Santiago de Compostela, Ourense e Ferrol.

A Plataforma Polo Aforro Público convoca á cidadanía a participar na xornada de acción do vindeiro domingo 25 de Marzo, na que reflexionaremos sobre a privatización das caixas e o comportamento absolutamente irresponsable do sector financeiro na crise na que estamos afundidos, e reivindicaremos a necesidade de crear unha Banca Pública.
Este día de acción está coordinado a nivel galego e haberá mobilizacións similares nas principais cidades. En Vigo, a manifestación partirá ás 11.30h da Praza de España; en Pontevedra, comezará ás 18.30 na Alameda e contarán coa presenza do catedrático de economía José Luis Outes Ruso; na Coruña, está convocada para as 19.00h, saíndo do Obelisco; en Santiago será ás 18:00 na Alameda; e en Ourense, será entre as 19.00 e as 21h, comezando diante da sede de Novagalicia Banco na rúa do Paseo, en Ferrol concentración na Praza de Armas as 12, 30 horas.

Por que reivindicamos unha banca pública?
Dende a PAP consideramos que para superar esta crise en positivo, e para o normal funcionamento democrático da nosa sociedade, é imprescindible unha banca pública que funcione de xeito ético e devolva á cidadanía o poder sobre os aspectos financeiros da economía. Só así poderemos ter un control democrático da economía, contribuíndo ao benestar colectivo.
Asemade, consideramos que a bancarización das caixas de aforro non é necesaria nin inevitable. Baixo argumentos supostamente técnicos, refutados por varios expertos críticos, acerca da necesidade de privatizar as caixas para salvalas, agóchase a vontade do capital financeiro de facerse co control do negocio bancario do país, mantendo a súa hexemonía e poder social nesta crise, causada polas súas malas prácticas na burbulla especulativa do ladrillo, e non polo traballo da xente da rúa.
Deste xeito, non só estáselle a dar regalado o capital das caixas aos bancos, senón que se está a crear un oligopolio no sistema financeiro galego e español, que vai provocar a exclusión financeira de gran parte da poboación, PEMES e familias. Isto, de feito, xa está a pasar, e o paro e a crise son consecuencia directa da seca de crédito por parte de institucións bancarias completamente irresponsábeis socialmente e politicamente impunes.
Por iso, para saír desta crise con esperanzas, con emprego e mantendo o benestar social, precisamos dun sistema financeiro público e ao servizo da economía e a democracia. Precisamos dunha BANCA PÚBLICA. Axúdanos a conseguila e acude á manifestación do día 25!

Que é a PAP?
A Plataforma polo Aforro Público é unha agrupación de colectivos e persoas que naceu co obxectivo de reflexionar e reclamar, dende a organización cidadá e de base, unha xestión distinta da problemática financeira actual.
Ademáis de persoas individuais, os colectivos e organizacións cidadás que compoñen hoxe a PAP son, fundamentalmente, o Foro de Asembleas Galegas do 15M, a plataforma ATTAC Xustiza Económica Global, Mesas de Converxencia e Democracia Real Xa.

Podes contacta coa PAP e obter máis información en:
Blogue: http://aforropublico.wordpress.com/
Twitter: @AforroPublico
Facebook: https://www.facebook.com/aforropublico
Contacto para prensa: 616116913

viernes, 24 de febrero de 2012

Ferrol na Defensa dos Servicios Públicos

Sobre 5000 cidadáns tomaron as rúas de Ferrol, para expresar seu malestar cos recortes da Xunta do PP, uns recortes que afectan gravemente tanto aos servicios prestados @s usuari@s, así coma uns recortes salariais e dos dereitos d@s traballadores públicos.

Máis fotos premendo a imaxe

Non é máis cun aviso do que se lle aveciña ao Goberno do PP, unha folga xeral en toda regla. De feito xa existe unha convocatoria de folga feita pola CIG, para o vindeiro xoves, 29 de Marzo.

A Rede de Converxencia Social Praza Pública sumarase a mesma

miércoles, 22 de febrero de 2012

Manifestación na Defensa dos Servizos Públicos, e contra os recortes dos dereitos d@s empregad@s públic@s.

Mañá, xoves, 23 de Febreiro, vai ter lugar en toda Galiza, mobilizacións unitarias en Defensa dos Servizos Públicos, e contra os recortes dos dereitos d@s empregad@s públic@s.

En Ferrol á Manifestación partirá pouco despois das 7 da tarde da Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Participa non Faltes !!

Por ti por tod@s nós mobilízate !!

Adiante a loita e unidade da Clase Traballadora !!

Unidade de Clase e Unidade Sindical contra os abusos do Capital !!

Unidade de Clase e Unidade Sindical contra a política económica, social e laboral do Goberno !!

Unidade de Clase e Unidade Sindical para transforma !!

sábado, 18 de febrero de 2012

MANIFESTACIÓN contra a Reforma Laboral.

Mañá domingo, ás 12:00 h, partirá dende a Praza Praza do Inferniño a MANIFESTACIÓN contra a Reforma Laboral.

Outra agresión laboral sen precedentes nesta espiral por rematar coa dignidade e dereitos d@s traballadores/as.

Convocan: CCOO, UGT e USTG.

¡¡ACUDE !!

lunes, 6 de febrero de 2012

lunes, 7 de noviembre de 2011

CHAMAMENTO FEITO DENDE STOP DESAHUCIOS A CORUÑA

Dende a "Rede de Converxencia Social - Praza Pública" de Ferrol Terra, pedimos a solidaridade de todol@s compañeir@s que poidan achegarse o vindeiro luns, 14 de setembro, ás 11:30h diante da oficiña de "Bankinter", na Rúa Juan Florez nº 46

PREGASE DIFUSIÓN DO MESMO, GRAZAS !!

Chamamento recibido dende: "STOP DESAHUCIOS A CORUÑA"

Esta es la historia de la familia de María:
Como tantas y tantas familias, y por culpa de la crisis creada por banqueros y especuladores, la familia de María se ve incapaz de hacer frente a la hipoteca firmada con BANKINTER. La negativa por parte de BANKINTER de negociar una salida adecuada a las necesidades de la familia en ese momento, para tratar de salvar su hogar familiar, fue constante. A todo esto hay que añadir la deslealtad de su abogado y procurador que en ningún momento les notificaron absolutamente nada durante todo el proceso. Ambos están denunciados. Debido a ello, se encontraron con que un día llaman a su puerta por la mañana las autoridades, indicándoles que deben abandonar el domicilio sin poder sacar absolutamente nada de sus enseres personales, o sea, salir solo con lo puesto. A este despropósito, hay que añadir, que ni tan siquiera les fuese permitido sacar las cenizas del padre de María, que para tratar de entender mínimamente su dolor, debemos indicar que es hija única.
Además de las consecuencias de una crisis creada por estafadores y banqueros, María y su familia han sido humillados de forma inhumana.
No podemos consentir este tipo de actuaciones y haremos todo lo posible para que no se vuelvan a repetir, denunciando públicamente a los responsables de estos atropellos.

El día 14 de Noviembre, concentración a las 11:30 delante de Bankinter en la calle Juan Florez,46

¡¡¡ JUNTOS PODEMOS !!!

www.stopdesahuciosacoruna.tk

miércoles, 2 de noviembre de 2011

”Na defensa do emprego e do naval”

O domingo, 6 de novembro as 12:00h, a "Rede de Converxencia Social - Praza Pública" sumarase ao chamamento feito dende as Centrais Sindicais CIG, CCOO, UXT e USTG na defensa do sector naval da Ría de Ferrol.

Baixo o lema: ”Na defensa do emprego e do naval”

A Manifestación sairá ás 12:00 h, dende a Praza do Inferniño, e concluirá na Praza de Armas.


@s traballadores/as de Navantia e da industria auxiliar, aprobaron en asembleas realizar un novo calendario de mobilizacións cada mércores a partir do 28 de setembro en demanda de carga de traballo e da construcción do dique flotante.

lunes, 31 de octubre de 2011

Previsto outro desafiuzamento en Tui - Pontevedra

Onte recibiamos un S.O.S dende "Stopdesafiuzamento de A Coruña" ;

¡¡¡¡ URXENTE DIFUNDE !!!!, NECESITAMOS LOCALIZAR A ESTA MULLER. DÉMOSLLE UN TELEFONO DE CONTACTO PERO NON COMUNICOU CONNOSCO. SE ALGUÉN A COÑECE QUE SE POÑA EN CONTACTO CONNOSCO. ¡¡¡¡DIFUNDE¡¡¡¡¡ Este é a súa mensaxe de desesperación:

"Edurne Cajal:

O día 4 de Novembro virán cambiar a fechadura da miña casa. O banco adxudicouna. Logo de 14 anos na mesma empresa quedeime no paro, roguei ao banco para que me dese un "respiro" de dous anos sen pagar recibos e denegáronmo. Durante este tempo, ano e medio porque unha avogada de oficio tratou de mediar, non VIVÍN e tamén durante este período faleceu o meu único fillo. Totalmente bloqueada só se me ocorre "desaparecer" o día anterior e que cando cheguen a cambiar a fechadura teñan que chamar ao xuíz para o levantamento do meu cadáver. É TERRIBLE!"

Nese mesmo intre, fixemos difusión do mesmo, e fixemos unha pesquisa na rede tentando localizala, ou de alguen que supese algo dela.

Acadamos contactar con ela, e enviamoslle ista mensaxe;

"Ola, és ti a autora deste texto?. Se é así contacta con nós, saúde!"

Ao que nós respondeu:

"Ola: si son eu. Sinto vergoña pero cando che sentes cunha soidade absoluta é bastante máis sinxelo dicir o que che está pasando a unha "rede". Mañá irei ao banco para "suplicarlles" que me concedan unha semana máis, aínda que supoño que será inútil posto que o xulgado xa ten a "orde" de cambiar as fechaduras o venres día 4. Este último mes falei co procurador que leva o tema para que mediase pero me contestou que o secretario do xulgado só actúa os venres e que a data é inamovible.

Moitísimas grazas por estar aí. Un abrazo. Edurne Cajal".

Facilitámoslle uns números de teléfono para que se poña en contacto con nós, e poder axudala e asesorala con tódolos medios ao noso alcance. Agardamos resposta dela. Como se pode apreciar nas súas verbas, a vergoña que debían ter OS BANCOS e Entidades Financeiras tena ela.

A partires dese intre, ponse en contacto con "Stopdesafiuzamento de A Coruña", dende donde nos remiten ista outra mensaxe;

Por fin hemos logrado contactar con Edurne, y su situación era la que temíamos, esta hundida y se ve sin salida. Hemos quedado con ella a las 12 en Tuy (Pontevedra) delante de los juzgados. Iremos al banco con ella y después a los Servicios Sociales. El banco de su hipoteca es el Banco Popular, su desahucio esta previsto para el día 4 de Noviembre.

Permaceremos ao tanto do desenrolo do desafiuzamento de Edurne, e faremos todolos chamamentos que poidamos en Pontevedra, para amosar nosa solidaridade con ista afectada polos abusos da BANCA.

http://afectadosporlahipoteca.wordpress.com/


Un saúdo a tod@s, e moitas grazas pola difusión

viernes, 28 de octubre de 2011

Protesta na oficiña de CaixaNovaGalicia en Caranza

Hoxe, 28 de outubro, membros da Rede de Converxencia Social - "Praza Pública" , e varios cidadáns, concentráronse diante da sucursal de CaixaNovaGalicia en Caranza, para facer pública denuncia das condicións abusibas aplicadas a cidadanía polas Entidades Financieiras.

Entidades que especulan co noso diñeiro, se sanean cos cartos públicos, chantaxean ao goberno e reparten entre as súas cúpulas directivas escandalosas e millonarias indemnizacións como premio a unha nefasta xestión.


jueves, 27 de octubre de 2011

CONCENTRACIÓN ante a sucursal de CaixaNovaGalicia de Caranza

A Rede de Converxencia Social "Praza Pública" de Ferrol, convoca a toda a cidadanía
a unha CONCENTRACIÓN
para denunciar o comportamento abusivo das Entidades Financieiras, mañá venres 28 de outubro, ás 11,30 hs, ante a sucursal de CaixaNovaGalicia de Caranza (Rúa Juan de Austria)

Faráse unha escenificación dos abusos das entidades crediticias, de como especulan co noso diñeiro, impóñenos comisións e condicións abusivas, sanéanse cos cartos públicos e reparten entre as súas cúpulas directivas escandalosas fortunas.